MUROS CENTRADO

muroscentrado.com é a páxina oficial do partido político local MUROS CENTRADO


¡Hola mundo!

Bienvenido a WordPress Esta es tu primera entrada. Edítala o elimínala para dar el primer paso en el periplo de tu blog.



Deja un comentario

Entradas recientes

MUROS CENTRADO nace como unha organización política de homes e mulleres independentes, formada por veciños deste municipio, comprometidos con MUROS, que traballan e traballarán para contribuír a mellorar a calidade de vida dos seus veciños mediante a plena satisfacción das súas necesidades e co máis absoluto respecto polos dereitos consagrados na nosa Constitución.

Os seus obxectivos e métodos de acción están definidos na súa Declaración de Principios e Programa, aprobados polos Órganos de Representación do Partido, realizados de acordo ás normas establecidas nos seus Estatutos. MUROS CENTRADO pretende ser referente no goberno do municipio para promover a participación activa e real dos veciños de Muros nas institucións representativas de carácter político. Por iso queremos que os veciños comprometidos con Muros, ademais de ter voz na sociedade civil tamén a teñan a nivel municipal a través das distintas asociacións, e que teñan voz nos seus órganos de goberno sen estar suxeitos a disciplinas ou intereses de partido de ámbitos supramunicipais. Para estes fins MUROS CENTRADO creará o CONSELLO DE RELACIONS VECIÑAIS, un organo de debate que existeú na lexislatura local de 2007 – 2011, e que os gobernos locais posteriores deixaron de lado.

Para Muros Centrado o sentir e parecer dos veciños e asociacións están moi por encima dos intereses partidistas. O PRIMEIRO… OS VECIÑOS E VECIÑAS.

Newsletter